Thursday 02 de May de 2024

Iniciadas as obras para instalar unha rede de saneamento na contorna da igrexa de Ouces


· O proxecto conta cun orzamento de 33.481 euros e permitirá dotar deste servizo ao núcleo de Aldea Tatín.

O Concello de Bergondo iniciou os traballos para instalar unha rede de saneamento na contorna da igrexa da parroquia de Ouces, no lugar de Tatín, un proxecto que conta cun orzamento de 33.481 euros.

Os traballos para levar a cabo consisten na implantación de dous colectores de augas residuais, creación de pozos de rexistro e, posteriormente, a reposición do firme afectado polas obras.

Este proxecto vén completar o realizado no núcleo de Tatín e nos bordos da estrada AC-162, onde se instalou unha rede de seis colectores.